martes, 15 de septiembre de 2026

OBRADOIRO : MOVENDO AS PALABRAS


 

🎙️ PABLO SÁNCHEZ · PABLÍSIMO, NAS XORNADAS NOGA
Pablo Sánchez, Pablísimo, é actor, dramaturgo e contador de historias. A súa traxectoria escénica está moi vinculada ao teatro físico, o clown, a Commedia dell’Arte, a pantomima e o traballo corporal. Formouse en Interpretación na Universidade de Santiago de Compostela e en escolas especializadas como Circomedia, Dell’Arte International e a Scuola Internazionale dell’Attore Cómico.
Leva desde finais dos anos oitenta desenvolvendo o seu traballo en diferentes ámbitos das artes escénicas e, desde Os Contos de Pablísimo, explora o encontro entre narración oral e outras linguaxes escénicas: o movemento, os monicreques, os obxectos, a música, as sombras e o humor.
Nas Xornadas de NOGA chega con «Movendo as palabras», unha proposta para traballar o vocabulario físico, a hiperxestualidade e todas esas posibilidades que aparecen cando o corpo tamén conta.
🚨 Se non podes vir a todas as xornadas pero che interesa este tema, neste obradoiro aínda quedan 4 prazas dispoñibles!
Prezo: 20 €
50 % de desconto para socias de NOGA.
👉 Se che interesa, inscríbete canto antes e reserva a túa praza!

No hay comentarios:

Publicar un comentario