martes, 26 de octubre de 2021

OS CHIBOS EN CARNOTA


"O pasado venres, 22 de outubro, Pablísimo trouxo a Carnota O arquivo do chibo, un espectáculo do máis enxeñoso que, cunha coidadísima e orixinal posta en escena, recrea e actualiza contos e personaxes tradicionais, ben coñecidos por todos nós.

As diferentes escenas vanse sucedendo nun teatriño con múltiples xanelas, a modo de viñetas, combinando narración oral, teatro de sombras, monicreques, xoguetes e unha infinidade de obxectos que nos atrapan de comezo a fin.

Máis que recomendable!"

Graciñas por convidarnos de novo a visitar Carnota!

miércoles, 1 de septiembre de 2021

ESTREA DE O ARQUIVO DO CHIBO

 Hoxe por fin foi a estrea do novo espectáculo O ARQUIVO DO CHIBO. Foi en Caldas de Reis..graciñas Cris polas fotos!!