domingo, 26 de febrero de 2012

COEDUCACIÓN E IGUALDADE



Durante os meses de marzo e abril, Os contos de Pablisimo e DELOGA levarán a cabo unha campaña de igualdade con motivo do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, por diversos coles do Concello de Cambre para nenos e nenas de primaria.
A sesión levará por título "`PRÍNCIPAS E PRINCESOS" onde se lles dará unha volta e media aos contos tradicionais de príncipes azuis e princesas rosas...

sábado, 18 de febrero de 2012

e aqui un momento de CONTOS CON ARTE adicado ao xenial pintor galego Luis Seoane.

ACTUACIÓN na Biblio de Elviña

Aqui estamos Elena e máis eu presentando o concurso de debuxo para nenos relacionado co antroido...hai que animarse e participar!

viernes, 17 de febrero de 2012

A SEGOVIA!!

Esta semana que entra marcharemos a Segovia a un curso de teatro de Sombras chinescas, feitas coas mans, dentro do marco do festival de títeres Titirimundi e impartido polo grupo xaponés Kakashi-za.
Sempre é interesante aprender novas técnicas (ainda que a tradición das sombras é milenaria) que se poidan aplicar aos espectáculos.

domingo, 12 de febrero de 2012

MATERIAL NOVO

Ainda que contos temos dabondo, sempre hai moito que preparar; aqui temos a Lore traballando no noso Taller no material do conto "O pazo de romper", e de paso reciclamos os rollos do papel hixiénico....non se tira nada!

ACTUACIÓN na sala GURUGÚ

E esta é a contada na sala GURUGÚ, CONTOS CON OVOS

ACTUACIÓNS

Este finde andivemos por ahi paseando os nosos contos...Velaí unha foto na biblio de San Pedro de Nós, CONTOS A SACO

sábado, 4 de febrero de 2012

NON ESQUENZAS VISITAR:  pablisimo

CLIP DE ANIMACIÓN

Esta semana que vén, comezaremos a experimentar nun clip de animación no que os obxectos de os contos de Pablisimo cobrarán vida coa técnica do Stop Motion.
Este proxecto será en colaboración cos amigos de Algarabía Animación. A cousa promete!

HOLA

BENVIDOS AO BLOG DE OS CONTOS DE PABLISIMO. CALQUERA NOVIDADE, EVENTO, ACTUACIÓN, CURIOSIDADE, RECOMENDACIÓNS,ETC SE PUBLICARÁN AQUÍ