Colle un pouquiño de contacontos, engádelle unha pinguiña de teatro,deixao ao baño María con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima...e xa tes unha sesión de Pablísimo.
Hoxe o GABINETE MIRABILIA abriu as súas portas no auditorio de Cee nunha función escolar organizada pola Fundación Fernando Blanco que por certo..ten un museo que ben merece unha visita!