viernes, 5 de abril de 2013

MARATÓN EN SOUTOMAIOR!




Seguimos celebrando o DIA DO LIBRO INFANTIL esta vez en Soutomaior: función doble pola mañá no cole Padin Truiteiro e sesión na biblio pola tarde con "PRINCIPAS E PRINCESOS".
Pego aquí o que escribiron no blog do Padin Truiteiro:

"O xoves 4 de abril estivo na nosa escola, Pablo Pablísimo, como di a súa páxina " Un contador que ademáis é actor, titiriteiro, profe, paiaso y outras cousas que non se contan".
Co seu novo espectáculo de " Principas e princesos", os raparig@s do 3º e 2º ciclo de primaria pasárono xenial.Logrou que estiveran toda a función participando, pensando, escoitando e escachando coa risa.
Dende o equipo de normalización do noso centro , darlle as grazas ao noso Concello, por ter a ben de colaborar con nós, agasallándonos con este tipo de actividades, que nos axudan a espallar o conto popular e como non a nosa lingua.
Para nós ten unha importancia vital as contadas, xa dicía Italo Calvino, escritor: “Os contos conteñen unha explicación xeral do mundo, onde caben todo o mal e todo o ben, e onde se atopa sempre a senda para romper cos máis terribles feitizos”.

Os contos populares, no seu conxunto, son un bo xeito de aproximarse ás raíces culturais do mundo. Son historias que deixan pequenas mensaxes no ambiente, que abren a nosa mirada aos outros mundos, que nos ofrecen a memoria doutras xentes e outros pobos.
Para os nenos e as nenas deste tempo, o século XXI, o conto continúa sendo un instrumento emocional e máxico nos seus anos de escola. É un recurso claramente socializador, que dispón dunha chave especial para abrir a porta da lectura, e incluso da convivencia e da tolerancia. Pero aínda ten outras capacidades."

No hay comentarios:

Publicar un comentario