domingo, 13 de enero de 2013

CURSO DE LOITA ESCÉNICA NO LAV 2013

Atención, atención!
 xa te podes apuntar nos obradoiros do Laboratorio Audiovisual de Vedra!
Este ano hai unha variadisima oferta. Estaremos por alí impartindo o curso de LOITA ESCÉNICA.
Para máis info consultar a web:






LOITA ESCÉNICA



Impartido por: Pablo Sánchez, actor, contacontos, docente e director
Dirixido a: actores e actrices
Duración: 14 horas
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 50 €
Datas:  16 e 17 de febreiro de 2013
As escenas de violencia ou pelexas son frecuentes tanto en teatro como no medio audiovisual. Este curso tratará de achegar os recursos básicos e aprender os fundamentos da loita escénica aplicables nestes dous medios.

OBXECTIVOS

Coñecer e desenrolar os recursos necesarios para elaborar ou realizar unha coreografía de loita escénica.

CONTIDOS

  • Acrobacias sinxelas e caídas básicas
  • Expresións e reaccións
  • Esquivas, patadas,empurróns,puñetazos,labazadas,proxeccións,cabezazos,agarres….
  • Caídas da cadeira, golpes contra a mesa,uso de mobiliario.
  • Loita con bastón
  • Traballo do mellor ángulo de visión para o público
  • Creación de secuencias de golpes e rutinas
  • Grabación en video e exhibición dos traballos para millorar coreografias.

O profe: Pablo Sánchez
Actor, contacontos, docente e director estudou teatro físico en escolas internacionais como Scuola internacionale dell atore cómico (italia), Circomedia physical theater and circus school (Inglaterra) oDell Arte (EEUU). Traballou en diversas compañías tanto en Galicia como en Estados Unidos, Suecia ou Polonia. Como coreógrafo de loita escénica colaborou en películas como O agasallo de SilviaSaraou Diario de un Skin. Actualmente traballa na súa propia compañía e da clases de expresión corporal e linguaxe do corpo na Facultade Universitaria de Relaciones laborais ademais de impartir dende o ano 2001 a asignatura de Teatro Físico na Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario