viernes, 31 de diciembre de 2021

FIN DE ANO NO VALADOURO

 


E rematamos un intenso decembro no Valadouro co Arquivo do Chibo...fin de tempada e fin de ano! que veña un venturoso 2022!

lunes, 27 de diciembre de 2021

martes, 26 de octubre de 2021

OS CHIBOS EN CARNOTA


"O pasado venres, 22 de outubro, Pablísimo trouxo a Carnota O arquivo do chibo, un espectáculo do máis enxeñoso que, cunha coidadísima e orixinal posta en escena, recrea e actualiza contos e personaxes tradicionais, ben coñecidos por todos nós.

As diferentes escenas vanse sucedendo nun teatriño con múltiples xanelas, a modo de viñetas, combinando narración oral, teatro de sombras, monicreques, xoguetes e unha infinidade de obxectos que nos atrapan de comezo a fin.

Máis que recomendable!"

Graciñas por convidarnos de novo a visitar Carnota!

miércoles, 1 de septiembre de 2021

ESTREA DE O ARQUIVO DO CHIBO

 Hoxe por fin foi a estrea do novo espectáculo O ARQUIVO DO CHIBO. Foi en Caldas de Reis..graciñas Cris polas fotos!!



martes, 27 de julio de 2021

NA CÚPULA AS OITO!

 Na cúpula do parque Eiris en Coruña...